EDICIÓN 2016

festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2016

A aposta do Festival por unha estrela emerxente, o mozo Solomon Hicks, deu bo resultado! Na primeira xira europea da súa carreira, o guitarrista e cantante recalou en Pontevedra o 16 de xullo e parece que non defraudou aos numerosos afeccionados que encheron a Praza da Ferraría. Un motivadísimo Solomon baseou o seu concerto en clásicos do blues: xa para empezar, Sweet Home Chicago, e logo virían Key to the highway, Rock me baby ou o Boom Boom de John Lee Hooker, para finalizar o concerto cun espectacular Johnny B. Goode. Pero tamén intercalou os seus propios temas (Money Money, King Shuffle, The Pace). Co seu permanente sorriso, Solomon pediu ao público que deixase as súas cadeiras e todos puidemos bailar e gozar dunha calorosa noite no sentido climatolóxico e musical. El mesmo baixou do escenario cara ao final da súa actuación e paseouse un bo rato entre os espectadores. Solomon estivo acompañado á batería por Russell Carter, un esforzado Judson ("Jud") Nielsen ao órgano Hammond, e o carismático Kirk Yano ao baixo, quen ademais producira esta xira. E despois de saudar a todos aqueles que se achegaron a carón do escenario, o "King" Solomon abandonou realmente emocionado a nosa cidade.

O jazz máis contemporáneo a noite seguinte na Ferraría: Antonio Sánchez e o seu grupo Migration interpretaron integramente o seu último disco The Meridian Suite. O prodixioso batería estivo acompañado por Matt Brewer ao baixo eléctrico e contrabaixo, Thana Alexa coa voz, John Escreet (piano e Fender Rhodes) e un brillante Seamus Blake ao saxo. Foron estes dous últimos especialmente aclamados polo público. E nada mellor para rematar a noite que unha balada: a fermosa composición de Sanchez, Nighttime Story.

E chegou o final... A vixésimo cuarta edición do festival rematou o luns 18 coa esperada actuación da cantante Cécile McLorin Salvant, que chegaba a Pontevedra despois dun rotundo éxito no Festival de Vitoria. A cantante ofreceunos un concerto no que, curiosamente, non presentou as súas propias composicións, e se baseou en gran parte no cancioneiro estadounidense. Cécile, quizais un tanto tímida, empezou o seu magnífico recital con "On the street where you live", do musical My Fair Lady, para proseguir con Gershwin (dous temas de Porgy and Bess: a fermosa canción de lamento "My man's gone now" e o coñecido "It ain't necessarily so"). E non podían faltar algúns dos temas popularizados pola súa admirada Bessie Smith, como "What's the matter now?" ou o blues "Wild women don't have the blues". Neste sería xustamente aplaudido o fantástico só do pianista Aaron Diehl. Ademais de Diehl, estiveron no escenario Paul Sikivie ao contrabaixo e Lawrence Leathers á batería, e dicir, o trío co que precisamente gravou o seu último disco "For one to love", que acadou o premio Grammy en 2016. Xa o domingo puideramos ver ao trío participando na jam session de media noite, á que tamén asistiu Cécile.

E para rematar, un final estraño e espectacular: acabada actuación e cando os músicos estaban saudando ao público, caeu subitamente unha inesperada treboada que nos levou a fuxir da praza e nos privou do "bis" ao que Cécile estaba disposta, como tamén o estaban algúns dos espectadores que tiveron o fermoso xesto de voltar ás súas molladas cadeiras cando viron que Cécile o ía intentar. Ao final, tivo que desistir ante a intensa chuvia que non parou durante un bo rato.

Concertos
SUMRRÁ
NAÍMA ACUÑA CUARTETO
PONTEJAZZ BIG BAND
“KING SOLOMON” HICKS
ANTONIO SÁNCHEZ & MIGRATION
CÉCILE McLORIN SALVANT

Jam-Sessions
David Puime Trío
Pedro Freijeiro Trío
Juyma Estévez Trío
Valentín Caamaño Trío
Pablo Beloso Trío
Felipe Bermúdez Trío

Workshop
Dayana Stephens
Philip Dizack
Kyle Poole

Jazz pola rúa
Chivinjazz

cartel festival de jazz 2016 Pontevedra