Sen dúbida, un dos concertos máis especiais de toda a nosa historia foi o que ofreceu o excepcional cantante JIMMY SCOTT o 28 de xullo de 2001. Foi un concerto cheo de sensibilidade, tenrura, e de gran calidade interpretativa. Este ano tamén nos visitaron a cantante e pianista PATRICIA BARBER, e houbo que volver ao Principal para a actuación do grupo de gospel THE NORTHERN KENTUCKY BROTHERHOOD SINGERS, que contou coa entusiasmada participación do público.
ABE RÁBADE TRÍO
JIMMY SCOTT & THE JAZZ EXPRESSIONS
PATRICIA BARBER TRÍO
THE NORTHERN KENTUCKY BROTHERHOOD SINGERS
