EDICIÓN 2003

festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2003
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2003
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2003
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2003
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2003
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2003

En 2003, o día da estrea, 26 de xullo, novamente aparece unha visitante frecuente do noso Festival: a choiva. A gran amabilidade do pianista CHANO DOMÍNGUEZ, facilitou o traslado da súa actuación ao Principal, onde ofreceu un concerto practicamente ¡acústico!, que converteu a velada, tan intimista e cun teatro cheo, nunha actuación inesquecible. Chano atopábase nun momento doce de creatividade, como probaban as críticas da súa intervención poucos días antes no festival de Vitoria no que chegara a eclipsar ao mesmo Wynton Marsalis.

Xa na Praza do Teucro, este ano puidemos gozar de dúas cantantes moi diferentes: DIANNE REEVES e MARIA JOÂO. Reeves, que é actualmente unha das grandes vocalistas de jazz no mundo, marabillou ao público dende o primeiro momento e ofreceu unha actuación xenerosa, o 27 de xullo, na que podemos certificar que ela se atopou moi a gusto. Ofreceu temas de anteriores discos e do seu último traballo, homenaxe a Sarah Vaughan. O concerto de clausura, a noite do 29 de xullo, foi para moitos a sorpresa do festival. A actuación de Maria Joâo con Mário Laginha, pode ser recordada coma unha das mellores da nosa historia particular, como consta nas críticas xornalísticas. Moitos dos asistentes eran incondicionais, pero foron tamén moitos os que descubriron a esta cantante de estilo tan persoal, que abandonou a praza entusiasmada co cariño que lle demostrou o público.

A parcela dedicada ao blues, sempre atendida no noso Festival, estivo a cargo en 2003 do organista e, en realidade, multiinstrumentista LUCKY PETERSON, quen “incendiou” coa súa forza a Praza do Teucro.

Concertos
CHANO DOMÍNGUEZ TRÍO
DIANNE REEVES
LUCKY PETERSON
MARIA JOÂO E MÁRIO LAGINHA

Jazz na rúa
Alberto Conde Trío
Orquestra de Jazz do Morrazo (con Graciela Rodríguez)
SPJ- Pontevedra Jazz Group
Nando Lago Jazz Quartet

cartel festival de jazz 2003 Pontevedra