En 2011 tivemos un trío representativo do jazz máis actual e ecléctico, MEDESKI, MARTIN & WOOD, acompañados por unha sección de vento de luxo: RANDY BRECKER e BILL EVANS. Houbo jazz vocal con JOSÉ JAMES, quen declarou sentir que fixera aquí un dos mellores concertos da xira dese ano. E houbo jazz europeo co saxofonista STEFANO DI BATTISTA.
O blues estivo a cargo do divertido e histriónico BOBBY RUSH, auténtico showman, que contou coa complicidade das súas dúas bailarinas e a do público, que entendeu o espectáculo, ás veces vodevilesco, que tiña lugar no escenario. Rush bromeou coa audiencia, incluso imitando a Michael Jackson, e deixounos un agradable recordo.
Concertos
PHILIP DIZACK QUARTET
YAGO VAZQUEZ QUINTET
RANDY BRECKER / BILL EVANS
SOULBOP FEATURING: MEDESKI, MARTIN AND WOOD
BOBBY RUSH
JOSÉ JAMES
STEFANO DI BATTISTA
Jam-Session
Pedro Freijeiro Trío
Workshop
Philip Dizack
Taylor Eigsti
Joe Sanders
Rodney Green
Jazz pola rúa
Chivinjazz Street Band
