EDICIÓN 2014

festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2014

A edición número XXII do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra caracterizouse por seguir as súas coordenadas tradicionais: actuacións gratuítas nas prazas e rúas do casco vello con variedade de estilos que abranguen o jazz e o blues, destacando unha atención especial ao jazz (que supuxo a maior parte dos concertos), á voz (que presidiu gran parte das actuacións da Praza da Ferrería), e aos músicos galegos (que protagonizaron a maior parte das actuacións e, incluso, das actividades docentes, tan importantes neste festival). Esta foi, sen dúbida, unha edición "marcada pola forza despregada polos artistas enriba do escenario" (Belén López, Diario de Pontevedra, 27/07/2014).

O ciclo da Ferraría comezou co magnífico concerto de Richard Bona o 23 de xullo de 2014. Cónstanos que o artista se atopou moi a gusto, con gran complicidade e bromas constantes cos seus músicos e co público. Bona interpretou temas do seu último disco (Bonafied, 2013) e doutros traballos anteriores. Ao remate foi especialmente xeneroso falando e deixándose fotografar con todos aqueles que se achegaron a el, incluído un coro que, para sorpresa de todos, empezou a cantar magnificamente un dos seus temas.

O 24 de xullo, unha Robin McKelle especialmente motivada (era a última data da súa xira europea do verán de 2014) fixo bailar aos espectadores nunha noite chea de bo soul. A cantante, xunto coa súa banda habitual, The Flytones, ofreceu sobre todo temas do seu último disco, Heart of Memphis, e demostrou atoparse en excelente forma tanto dende o punto de vista artístico coma físico, chegando a baixar ata o público, que asistiu divertido ao seu paseo por toda a praza.

Non é fácil ver por estas latitudes a Eric Bibb, un gran cantante, compositor e guitarrista, representante do blues máis xenuino, achegado ás raíces e tinguido de gospel e country. Coa súa fermosa voz grave, o seu habitual sombreiro alado e a súa guitarra, Eric visitounos en formato de cuarteto o 25 de xullo, no que foi o único concerto do artista neste verán en España. Bibb interpretou temas de diferentes discos, composicións propias e doutros autores coma do seu amigo Taj Mahal, finalizando co imprescindible "Don't let nobody drag your spirit down" no bis. Eric ficou absolutamente encantado da súa primeira visita a Galicia (literalmente: "It was a really good show!"), como así o estiveron os numerosos afeccionados ao blues de dentro e fóra de Galicia que nos visitaron.

E como remate especial do festival, foi un pracer presentar a un artista do país e xurdido da "canteira" do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, o pianista Xan Campos, que demostra en discos como Orixe Cero ou Ectropía (proxecto que, por certo, protagonizou precisamente a súa actuación do 26 de xullo en Pontevedra) que se atopa sen dúbida entre a mellor vangarda do jazz europeo, e recolle a testemuña doutras figuras emerxentes do piano que xa nos teñen visitado noutras edicións, como Bojan Z, Vijay Iyer ou o inesquecible Esbjörn Svensson.

Concertos
GABRIEL PESO TRíO
MARCOS PIN
FACTOR E-RESET
RICHARD BONA GROUP
ROBIN MCKELLE & THE FLYTONES
ERIC BIBB QUARTET
XAN CAMPOS GRUPO

Jam-Sessions
Rosolino Marinello Trío
Pedro Freijeiro Trío
Wilfried Wilde Trío
Guillermo Rivera Trío
Seir Caneda Trío
Nacho Pérez Trío

Jazz pola rúa
Street Band

cartel festival de jazz 2014 Pontevedra