EDICIÓN 2004

festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2004

En 2004, decidiuse probar o Pazo da Cultura para certos concertos que parecían máis adecuados a un marco pechado. E foi o día 24 de xullo con todo un clásico, o pianista McCOY TYNER, ben coñecido por ser hai anos pianista do cuarteto de John Coltrane e polas súas propias formacións. Actuou con outros dous músicos entre os que destacou de maneira especial o contrabaixista Charnett Moffett. Xa na Praza do Teucro, actuou JOHN SCOFIELD nun trío inesquecíbel (con Steve Swallow e Bill Stewart, unha formación considerada por algúns críticos como unha das mellores que reuniu Scofield).

O soul e o blues chegaron coa hoxe revalorizada BETTYE LAVETTE, unha veterana cantante que chegaba avalada polo éxito do seu disco “A woman like me“, que merecera ata catro candidaturas nos premios Handy Blues Awards de 2004. LaVette combinou a súa voz desgarrada cunha incrible vitalidade e con momentos que, efectivamente, chegaron á alma dos espectadores. A duodécima edición do festival terminou co trompetista ROY HARGROVE, que presentaba o seu proxecto THE RH FACTOR, cunha numerosa banda cargada de jazz pero tamén de funk. As cadeiras foron retiradas unha vez máis da praza e o público, que tamén a enchía, puido gozar e incluso bailar no que era un dos directos máis espectaculares do jazz do momento. Non foi só por ser Hargrove un dos mellores trompetistas do momento, senón tamén pola altísima calidade da numerosa banda que o acompañaba (hai que destacar o espectacular teclista Bobby Sparks, coas súas improvisacións co mítico Mini Mogg, os baterías Jason Thomas e Willie Jones III, ou os saxos Keith Anderson e Jacques Schwarzbart).

Concertos
McCOY TYNER TRÍO
JOHN SCOFIELD TRÍO
BETTYE LAVETTE
ROY HARGROVE - THE RH FACTOR

Jazz na rúa
Grémio das músicas
Zé Pedro & SPJ- Pontevedra Jazz Group
Voces Galegas do Jazz: Moreira - Cuacci (cantando a Jobim), Terela Gradín - Manolo Gutiérrez
Albert Bover & SPJ- Pontevedra Jazz Group
Zé Eduardo Unit (A jazzar no Zeca Afonso)

Workshop
Albert Bover
Zé Eduardo Unit

cartel festival de jazz 2004 Pontevedra