EDICIÓN 2005

festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2005
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2005
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2005
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2005
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2005
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2005
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2005
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2005

Mención especial merece a actuación do malogrado pianista sueco ESBJÖRN SVENSSON co seu trío, E.S.T., o 23 de xullo de 2005, que foi única en Galicia. Nesas datas estaba recente a edición do seu magnífico disco “Viaticum”, probablemente un dos máis interesantes do ano 2005. E Svensson non defraudou. Acompañado pola súa formación habitual (Magnus Ösrom á batería e Dan Berglund ao contrabaixo), o pianista interpretou, extraendo do piano ás veces sons imposibles, non só composicións do seu último disco, senón tamén de traballos anteriores. Svensson, extraordinariamente amable, sentiuse cómodo en Pontevedra e tivo tempo para percorrela, interesarse pola cidade e o festival, atender á prensa e, incluso, pecharse varias horas coa única compaña do piano.

Outra actuación tamén moi esperada e que trouxo afeccionados de fóra da nosa comunidade, foi a do guitarrista e cantante de blues ROBERT CRAY no que foi o seu último concerto da súa xira europea do 2005. O seu concerto fora trasladado ao Pazo da Cultura, así coma o de MAVIS STAPLES, cantante de blues e soul, da saga dos Staples, hoxe tamén especialmente recoñecida a partir do seu disco “You are not alone” producido por Jeff Tweedy e gravado no estudio de Wilco. No ano 2005, só se celebrou un concerto na Praza do Teucro, o do acordeonista RICHARD GALLIANO. Galliano, acompañado por un magnífico Scott Colley ao baixo e Clarence Penn á batería, demostrou en vivo, por que é considerado coma un dos artistas máis importantes do mundo no eido dos instrumentistas non convencionais do jazz segundo as enquisas anuais da crítica da publicación DownBeat.

Concertos
RICHARD GALLIANO NEW YORK TRÍO
E.S.T. (ESBJÖRN SVENSSON TRÍO)
THE ROBERT CRAY BAND
MAVIS STAPLES

Pontejazz
Joâo Guimarâes + Spj Group
TGB (Lisboa)
Sumrrá
The Ultimate Jazz Earth-Tet (Galicia-USA)

Jam-Sessions
Joâo Guimarâes + Spj Group

cartel festival de jazz 2005 Pontevedra