EDICIÓN 2018

festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018
festival Jazz Pontevedra EDICIÓN 2018

No ciclo desenrolado na Ferraría, a XXVI edición do Festival incluiu unha variedade de estilos musicais: contamos con todo un histórico do rhythm and blues e soul, Don Bryant, un clásico do blues como Walter “Wolfman” Washington, e non faltou o mellor jazz, neste caso mesturado cos ritmos brasileiros, co pianista Stefano Bollani.

Na que foi a súa única actuación na Península do verán de 2018, Don Bryant non defraudou o 18 de xullo. O veterano cantante ofreceu unha boa ración de soul e blues, baseada na súa meirande parte no repertorio do seu último traballo "Don't give up on love". Despois dunha breve introdución a cargo da banda, Bryant fixo a súa aparición no escenario arrincando precisamente co primeiro  tema do disco, a súa fantástica versión do clásico de O. V. Wright, "A nickel and a nail". Outro momento salientable do concerto se produciría con "How do I get there?" fermosa canción de inspiración góspel que iniciou cun solo apoiado só polo Hammond B3. Don Bryant gozou, e bailou, nunha actuación na que estivo acompañado pola súa banda actual, uns correctos Bo-Keys, entre os que destacarían os contundentes metais (Marc Franklin á trompeta e Kirk Smothers ao saxo) e o esforzado Archie Turner ao Hammond. E non puido haber mellor remate que os bises que Don nos ofreceu: dúas das súas composicións máis célebres, dos gloriosos tempos de Hi Records, "Don't turn your back on me" e, o esperado "I Can't Stand the Rain".

E o 20 de xullo, noite de blues, funk e groove cun Walter "Wolfman" Washington que comezou co seu  ouveo, non podía ser doutra maneira, a súa actuación. Esta estaría trufada de composicións súas clásicas (como os fantásticos "Glasshouse" ou "Only you"), e tamén dalgún tema do seu último disco "My future is my past"(2018), como a súa particular versión do "Save your love for me". O bluesman de Nova Orleáns, que chegaba un tanto limitado físicamente, despregou toda a súa enerxía no escenario e nos consta que estivo moi a gusto no noso festival. Este foi tamén o sentir da súa banda, os Roadmasters (a destacar un esforzado Terry Scott Jr. á batería ou Tom Fitzpatrick ao saxo): e así o resumiu un dos músicos ao rematar a actuación: "99.9 percent spectacular".

cartel festival de jazz 2018 Pontevedra