Sempasúchil
Sempasúchil

Sempasúchil

22.30 h / Entrada gratuíta

Ton Risco: vibrafono
Antonio Casado: guitarra
Alfonso Calvo: contrabaixo
Miguel Cabana: batería

Sempasúchil é o nome dunha flor mexicana, un achádego xerminal e inspirador en mans do vibrafonista Ton Risco, compañeiro habitual de jazzistas como Jorge Pardo, Chano Domínguez. Ese contacto co jazz e a terra, de por si limpio e luminoso, axiganta a súa perspectiva ao mesturarse coa guitarra sensible de Antonio Casado, músico ourensán que recentemente vén de colaborar con artistas internacionais como Lucinda Williams, Maceo Parker ou Carla Bruni.

O contrabaixo de Alfonso Calvo e a batería de Miguel Cabana completan esta cuadratura do círculo para o jazz máis accesible e inspirado desde unha óptica pop que escoitarán os nosos ouvidos nunha boa temporada.

Sempasúchil transcorre con pausa e espacio para os silencios, cunha folgura sonora que o volta delicado e preciosista, disfrutable desde un achegamento intenso ou frugal. No que incluso hai oco para unha lectura encantadora de Wichita lineman, o clásico country de Jimmy Webb, no que Casado parece poñerse na pel dun xove Pat Metheny. Ese mesmo, de feito, que en 1980 gravaba a dúo co inolvidable Lyle Mays aquel As falls Wichita, so falls Wichita falls.

Fernando Neira