Litet Steg
Litet Steg

Litet Steg

22.30 h / Entrada gratuíta

Formación:
Manuel Cebrián, guitarra
Xosé Miguélez, saxo tenor
Xacobe Martínez, contrabaixo
David Puíme, batería

Litet Steg é o novo proxecto liderado polo guitarrista e compositor Manuel Cebrián. Este cuarteto xorde da necesidade compositiva do seu líder, polo que todas as composicións deste proxecto discográfico son músicas orixinais feitas ex professo para esta formación. O resultado é un jazz vibrante que explora as posibilidades rítmicas, texturais e tímbricas dunha formación cun son acústico que bebe das fontes do jazz americano da última década. O repertorio de Litet Steg (pequeno paso) fala dos pequenos impulsos que son necesarios para botar a andar, da relación do ser humano coa natureza, do que significa vivir no mundo contemporáneo, e reflicte a traxectoria como músico multidisciplinar do seu autor. Logo de se presentar a finais de 2023, a formación ten tocado en diferentes espazos ao longo da xeografía galega recibindo unha gran acollida por parte do público, o que levou a plasmar ese traballo musical nun proxecto discográfico.