FORMACIÓN:
REYNIER ALDANA – Voz/baixo
ISRAEL CHOUZA – Guitarra
PEDRO GREGORIO – Teclados
ESTEBAN GONZÁLEZ – Batería
JAVIER PEREIRO – Trompeta
ALEXANDER OMAR – Saxo
Layuca é unha banda de afrofunk establecida en Galicia, nacida en 2022 arredor dun cuarteto base galego-cubano cunha ampla traxectoria en proxectos nacionais. Os seus compoñentes compartiron escenario, participaron ou forman actualmente parte de proxectos paralelos con artistas do talle de Tamara, Julián Maeso, Grande Amore, Wöyza, Néstor Pardo, Luís Fercán ou Homenaxe a Buena Vista Social Club, ademais doutras iniciativas e propostas musicais dentro do circuíto galego. A súa proposta fusiona funk contemporáneo, jazz, blues e rock mestizo con ritmos tradicionais afrocubanos. Layuca destaca pola enerxía do seu directo, o pulso rítmico e a chamada ao baile a través dun repertorio de temas propios.
Un potente cuarteto reforzado por unha vibrante sección de ventos que fará latexar todo o público. En 2024 publican os seus primeiros sinxelos, “Señales” e “Pétalos de Gris”, cunha grande acollida por parte do público e dos medios, adiantando o universo sonoro do seu primeiro EP, Para sentir + (2025). O grupo foi ademais proposto como mellor directo nos Premios Maketón de Los 40Principales, e o seu proxecto foi salientado por plataformas internacionais como Newness Cuba e por medios galegos como Los 40 Vigo ou Cadena SER Santiago.