Deste xeito, pola emblemática Praza da Ferraría, situada no epicentro do marabilloso centro histórico da cidade, pasarán grupos e bandas lideradas por músicos galegos que son xa auténticas realidades no panorama jazzístico, pero tamén teremos sobre o escenario a artistas internacionais lendarios, considerados verdadeiros referentes e mestres para os músicos máis novos, e outros xa consolidados que aspiran a alcanzar a mesma consideración, aínda que con carreiras algo máis curtas pero xa cheas de excelentes críticas e éxitos de público. E, como sempre, sen custo algún para o público, xa que a entrada para todos e cada un dos espectáculos programados será libre e gratuíta.
Os concertos comezarán ás 22:30 horas.