The guit kune do
The guit kune do
André B. Silva

André B. Silva 'THE GUIT KUNE DO'

22.30 h / Entrada gratuíta

Na súa máis recente aventura, o guitarrista e compositor André B. Silva, xunta cinco mestres guitarristas do Porto e da Galiza, un baixista e un baterista para proseguir a súa busca por sonoridades e lóxicas menos exploradas. O Jazz máis tradicional, depurado nos dous anos que pasou en New York, forman como a súa escrita desafía as máis dogmáticas clasificacións, apropiándose de unha série de linguaxes que moldan a moderna música popular, para as deconstruir e incorporar en orixinais.

O resultado é The Guit Kune Do, unha ode ao seu instrumento, mais tamén aos ritmos mainstream do final do século XX. As influencias do Jazz, do Funk, do Hip-Hop e do Rock están ben presentes na súa sonoridade, que tornan a utilización das cinco guitarras nun auténtico doce auditivo. Un entusiasmánte festival de música que é ao mesmo tempo enerxético e introspectivo; que agrada tanto ao público sentado que pretende viaxar nas construccións melódicas e harmónicas do grupo, como ao público de pé que se quere perder na parede sonora das cinco guitarras.

Co primeiro álbum editado en Novembro de 2020 pola consagrada Carimbo Porta-JazzThe Guit Kune Do ten gañado o entusiasmo e o apoio de público e críticos ao longo destes últimos anos.

“Resumidamente, The Guit Kune Do é un proxecto en que André B. Silva mixtura distintas influéncias con moi bo gusto e elegancia. Ademáis, as súas composicións son executadas de forma fantástica polo ensemble que reuniu, revelando unha forte química e sincronismo entre os músicos que conquistan rapidamente ao ouvinte.”

Formación
André B. Silva; guitarra e composición
António Pedro Neves AP; guitarra eléctrica
Eurico Costa; guitarra eléctrica
Virxílio da Silva; guitarra eléctrica
Francisco Rua; guitarra eléctrica
João Próspero; baixo eléctrico
Diogo Silva; batería