Formación:
Isa Pérez, voz
Javier Prado, guitarra
Ernesto de Gregorio, guitarra
Pablo Romero, trompeta
Alexander Glenesk, saxo tenor e barítono
Jorge Arenaz, baixo
Ramón Neira, batería
A banda está composta por varios músicos cunha ampla traxectoria, esta formación ten o seu xermolo nun septeto coñecido como Mulberry Blues que baseaba o seu repertorio en clásicos dos anos 50. Allo Negro crea composicións propias en galego cunha base clásica de blues, referencias claras aos anos 50 e 60 (BB King, Lee Dorsey ou Louis Jordan) e sonoridades de soul máis moderno como poden ser: Monophonics, Michael Kiwanuka ou Maiiah & the Angels of Libra.
Neste 2025 a banda está publicando unha serie de singles que
conformarán o seu primeiro EP, gravado integramente en directo en
Bungalow Studios da man de Martín Esturao (Mad Martin) e Nico
Rodríguez. O seu primeiro sinxelo é “Branco algodón”, do que se presenta tamén o seu primeiro videoclip. Prensa e algún crítico ven nesta curta sonora dirixida por Marcos Montiel, referencias claras ao cine de Darío Argento. Na actualidade veñen de publicar “Paso de ti” e “Troula”. Neste último tema deixan ver de xeito máis claro as súas referencias de corte. As súas letras falan de amor non correspondido, perdas, tradicións galegas renovadas ou xolda.