Notametraxes

Notrametraxes 17

TEATRO PRINCIPAL
20.00 h Entrada gratuíta

MÚSICA EN VIVO POLO SPJ AO REMATAR AS PROXECCIÓNS

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra fai vinte e cinco anos, e queremos celebralo cun ciclo de cinema que aspire a reflectir algúns dos aspectos máis salientables da relación establecida entre o cinematógrafo e o xénero musical ao longo do século pasado.

O jazz e o cinema son dous dos fenómenos culturais máis importantes e socialmente recoñecidos do século XX. Ambos comparten data de nacemento e unha e veloz (r)evolución formal sen parangón na historiografía das artes maiores. Se observamos con atención os seus respectivos historiais, descubriremos que, xa dende os seus inicios, o cinema e o jazz desenvolveron unha intensa, interesada e esteticamente frutífera interacción.

Queremos salientar a colaboración, activa e sempre xenerosa, do equipo decanal e docente do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, ao que queremos agradecer o seu apoio e o magnífico traballo desenvolvido ao longo destes meses.

Francia | 1958 | B/n | 92' | VOSE
Director: Louis Malle

MÚSICA EN VIVO POLO SPJ
AO REMATAR A PROXECCIÓN

Alemaña, USA | 2003 | Color | 103' | VOSE
Director: Wim Wenders

MÚSICA EN VIVO POLO SPJ
AO REMATAR A PROXECCIÓN

USA, Francia | 1986 | Color | 133' | VOSE Director: Bertrand Tavernier

MÚSICA EN VIVO POLO SPJ
AO REMATAR A PROXECCIÓN

CINE MUSICADO EN VIVO

Django Reinhardt
Francia | 1958 | B/n | 22’ | VOSE
Director: Paul Paviot

Viaxe á lúa (Le Voyage dans la Lune)
Francia | 1902 | B/n | 15’
Director: Georges Méliès