Nomads

22.30 h Entrada gratuíta
Nomads
Nomads
Nomads
Nomads
Nomads
Nomads
Nomads

Formada ex professo para este festival, Nomads é unha banda que reúne a grandes artistas das dúas beiras do Atlántico. Por un lado o gran vibrafonista norteamericano Joel Ross, que pese a contar con apenas 23 anos está chamado a ser unha das grandes voces do jazz en breve. Tamén dende a outra beira do Atlántico, pero neste caso dende Cuba, á trompeta Jorge Vistel.

Como non podería ser doutro xeito, os músicos desta beira do Atlántico son galegos. Xan Campos ao rhodes, Paco Charlín ao contrabaixo e a baterista Naima Acuña completan esta banda que deixará en Pontevedra un concerto único.

FORMACIÓN:
Joel Ross: vibráfono
Jorge Vistel: trompeta
Xan Campos: rhodes
Paco Charlín: contrabaixo
Naima Acuña: batería