Mr. River

22:30 h Entrada gratuíta
Mr. River

MR. RIVER vén da fusión de diferentes estilos musicais; do jazz, rock, blues, flamenco, funk, música tradicional galega e influencias de músicos e bandas como Joe Satriani, Steve Vai, Andy Timmons, Scott Henderson, Pat Metheny, Chick Corea, John Scofield, Larry Carlton, Jaco Pastorius, Marcus Miller, Victor Wooten ou Dave Weckl... creando así unha variedade de composicións orixinais basadas nas experiencias e sentimentos do compositor, que resultan nun estilo propio, bautizado como “Riverstyle”: son americano feito en Galicia.

A banda creouse en Pontevedra a finais de 2017 con Miguel del Río, compositor de temas e guitarrista, Santi MarSan no baixo eléctrico e Manuel Bastón Lamas na batería; en abril de 2018 incorporase o novo baterista da banda, Marcos Corbacho.

Nesta ocasión Mr. River Cuarteto, unha banda formada para este festival, coa colaboración do teclista de Pontevedra, Adrián Solla.

"Mr River", o título do seu primeiro EP e "Macleod" (The Druid)”, e acaba de publicar o seu terceiro sinxelo e videoclip, "Octopussy in the Galician Style".

Logo da súa presentación oficial na sala Bazaar (Pontevedra), Mr. River é parte do cartel dos principais festivais de música, como o Festival de Jazz de Armenteira, Festival de Jazz de Ponteareas, e de outras salas como Salason (Cangas do Morrazo), La Iguana Club (Vigo), Sala Moon (Santiago de Compostela) ou o Forum Celticum (A Coruña).

FORMACIÓN:
Adrián Solla: teclados
Miguel Del Río: guitarra
Santi MarSan: baixo eléctrico
Marcos Corbacho: batería