MIGUEL LAMAS QUARTET

22.30 h Entrada gratuíta
Miguel Lamas Quartet

Dende pequeno (Ferrol, 1993), Miguel estivo relacionado coa música. Comezou a tocar a batería con 4 anos, estudando na Escola da Vaca de Ferrol. Despois dun tempo, comeza os seus estudos de jazz e música moderna na Escola Estudio de Santiago de Compostela.

Logo duns anos estudando e tocando en Galicia, múdase a Madrid, onde reside actualmente e onde ten tocado con artistas e bandas como  Abraham Mateo, Raimundo Amador, Miguel Ríos, O'Funk'Illo, Andrés Suárez, Raynald Colom, Obús, Tomasito, Juanito Makandé, David Bustamante, Canijo de Jerez, Soraya Arnelas, Lérica, AP BigBand, Pepe Bao, Santiago Campillo, Carlos Segarra, Lin Cortés, Rafa Kas, Dean Bowman (Screaming Headless Torsos), Roy Hargrove, Pablo Bicho, Jorge Vistel, Brothers in Band, BellónMaceiras Quinteto, Julie Guravich & Telespoting.

É artista mundial para as marcas Pearl Drums, Meinl Cymbals, Wincent Drumsticks, Evans DrumHeads, Earprotect In Ear Monitoring & Cympad, para os que realiza clinics e masterclases ao redor do mundo.

Realizou xiras en países como España, Bélxica, Francia, Italia, USA, México, Perú, Chile, Arxentina, Inglaterra, Portugal...

En outubro de 2016 lanza o seu primeiro disco en solitario Melted Lives no que colaboran artistas como Tom Kennedy, Andreas Lutz, Jorge Pérez (Patax) Pepe Bao, Olaya Alcázar, Jorge Vistel, Gergo Borlai...Foi gravado entre Madrid, Galicia, Nova York e Sevilla.

Actualmente está realizando a xira de presentación deste proxecto, xunto aos músicos galegos Octavio Vargas, Pablo Añón e Iago Mouriño"

Formación:
Miguel Lamas: batería
Pablo Añón: saxo alto
Iago Mouriño: teclados
Octavio Vargas: baixo eléctrico