Notametraxes

TEATRO PRINCIPAL
20.00 h Entrada gratuíta

JORIS IVENS vs SEMINARIO PERMANENTE DE JAZZ

Películas musicadas en directo polo SEMINARIO PERMANENTE DE JAZZ

-CHOIVA (Regen)
Holanda | 1929 | B/n | 14'
Director: Joris Ivens

Choiva é un poema cinematográfico sobre os efectos da choiva na cidade de Amsterdam. A auga e a súa cinética e o propio vórtice da cidade protagonizan este hipnótico traballo.

-A PONTE (De brug)
Holanda | 1928 | B/n | 15'
Director: Joris Ivens

Ivens transcende o efecto documental no seu achegamento á ponte levadiza de De Hef, unha obra de enxeñaría que desprega toda a súa materialidade ante os nosos ollos.