Edición 1997

En 1997, visitounos NICHOLAS PAYTON coa “GUMBO NOUVEAU” BAND. O trompetista, que voltaría posteriormente noutras dúas ocasións ao noso festival (1999 e 2012), é por tanto un dos artistas que máis nos ten visitado. E foi todo un luxo contar con dúas auténticas figuras históricas do jazz como MILT JACKSON e HANK JONES (31 de xullo). Neste ano tamén estivo a cantante de blues CARRIE SMITH co seu cuarteto.

NICHOLAS PAYTON & THE «GUMBO NOUVEAU» BAND
THE MILT JACKSON & HANK JONES ALL STAR QUARTET
CARRIE SMITH QUARTET