Álvaro del Valle Quartet

22:30 h Entrada gratuíta
Álvaro del Valle Quartet

O guitarrista de jazz e música moderna, compositor, produtor e pedagogo nace en Madrid, en 1992. Fórmase no Conservatorio Superior de Música do País Vasco (Musikene), onde obtén o seu Título Superior de Música en Interpretación de Guitarra de Jazz no ano 2016 á vez que compaxina a actividade académica cos escenarios.

Participou en numerosas formacións de jazz, electrónica, soul ou rock tocando en clubs e festivais internacionais: Nova York, Guatemala, O Salvador, Nicaragua, Francia, Italia, Holanda, Alemaña, Reino Unido e España.

Actualmente reside en Madrid, desde onde participa en proxectos con músicos doutras cidades e países ao mesmo tempo que desenvolve a súa investigación sobre a comunicación e o entendemento da linguaxe na música, síntese de son e produción de música electrónica de vangarda.

Nesta ocasión Álvaro liderará unha banda con tres dos músicos galegos máis talentosos coma o saxofonista redondelán Fernando Sánchez, o contrabaixista vilagarcián Pablo Patiño e o batería vigués David Puime.

FORMACIÓN:
Álvaro del Valle: guitarra
Fernando Sánchez: saxo tenor
Pablo Patiño: contrabaixo
David Puime: batería