Edición 2007

A segunda ocasión na nos a historia en que houbo que suspender o Festival no seu escenario principal, foi o 22 de xullo de 2007, cando estaba programado JOSHUA REDMAN, quen voltaría a Pontevedra a tocar en 2012.

O cantante KURT ELLING, considerado pola crítica especializada coma unha das mellores voces masculinas do jazz actual, estivo en Pontevedra en 2007. Foi a súa segunda visita á nosa cidade, despois do bo recordo que deixara no ciclo Voces do Jazz, celebrado no Teatro Principal na primavera de 2004. E volvendo falar dos sons imposibles..., neste ano tivemos jazz europeo e contemporáneo co pianista BOJAN Z, que os extraeu do seu piano e os teclados, deixándonos fascinados.

Tamén tivemos gospel, coas voces e as incribles “steel guitars” dos CAMPBELL BROTHERS, así como blues cun clásico, MAGIC SLIM que estivo acompañado pola cantante BIG TIME SARAH, que protagonizou un momento entrañable ao cantarlle no escenario a unha cativa do público, a quen posteriormente quixo darlle un agasallo. Tamén acompañou a Magic Slim o harmonicista BILLY BRANCH.

Concertos
WALTER SMITH III
XACOBE MARTÍNEZ ANTELO QUINTETO
PONTEJAZZ BIG BAND
KURT ELLING
THE CAMPBELL BROTHERS
CHICAGO BLUES REVUE: MAGIC SLIM AND THE TEARDROPS, CON BIG TIME SARAH E BILLY BRANCH
BOJAN Z TRÍO

Jam-Sessions
Animales Domésticos

Workshop
Walter Smith III
Matt Brewer
Jonathan Blake
Carlos Azevedo

Jazz pola rúa
GDJazz Street Band