Edición 2002

En 2002, produciuse un fito na nosa historia co comezo dun proxecto que de forma contundente apoiaba ao jazz de Galicia: o ciclo Pontejazz do Festival.

Co paso dos anos, cada vez era máis evidente que a Praza do Teucro se viña quedando xusta de aforo. Isto demostrouse de forma contundente a noite do 23 de xullo de 2002, en que nos visitaba un grande do blues: TAJ MAHAL. Esta actuación desbordou por completo a capacidade da Praza, chegando parte do público a ter que ocupar as rúas adxacentes. Tras un primeiro prato de luxo co trío Tri Continental, Taj Mahal fixo un xeneroso concerto, no que deu mostra da súa simpatía e ofreceu tanto blues tradicional como os seus últimos experimentos coa música das illas Hawai, acompañado polos seus amigos da Hula Blues Band.

Tamén nos visitou este ano outra figura mítica, neste caso do Jazz, JOE ZAWINUL, no que foi o seu único concerto nese verán en España. O histórico “pai” da fusión despregou toda a súa creatividade que se mantiña absolutamente de vangarda, e se sustentaba nunha base tan sólida como era a súa madurez xunto coas contribucións da súa banda integrada por músicos de altísima calidade e procedencia tan variada como Camerún, Porto Rico ou a India. Tamén en 2002 estivo en Pontevedra, aínda xovencísima, a hoxe consolidada cantante JANE MONHEIT.

Concertos
JANE MONHEIT
TRI CONTINENTAL
TAJ MAHAL & THE HULA BLUES BAND
BALDO MARTÍNEZ GRUPO
JOE ZAWINUL & THE ZAWINUL SYNDICATE


Jazz na rúa
GHÚ! PROJECT
Pablo Castaño Quintet
Sumrra
Andy Philips
La Callejazz Trío