Edición 1996

O apoio do público fai que o festival medre de orzamento e se consolide definitivamente nos seguintes anos como unha das actividades fixas nas festas do verán. Á Praza do Teucro acoden non só os pontevedreses e turistas que nos visitan no verán, senón tamén afeccionados de dentro e fóra de Galicia.

A Pontevedra acudiron importantes músicos coma o coñecido pianista catalán TETE MONTOLIU (7 de agosto de 1996) e esta cuarta edición, de 1996, completouse coa actuación do enérxico bluesman JOE LOUIS WALKER coa banda THE BOSSTALKERS, e, no último día, coa cantante e pianista MARGARET ALLISON acompañada polo seu grupo THE ANGELIC GOSPEL SINGERS.

TETE MONTOLIU TRÍO
JOE LOUIS WALKER AND THE BOSSTALKERS
MARGARET ALLISON AND THE ANGELIC GOSPEL SINGERS