Edición 1995

A que inicialmente se denominou “Mostra de Jazz e Blues” de Pontevedra, sería ben recibida polo público pontevedrés e seguiuse a celebrar os seguintes anos, cun apoio crecente do público. Sen dúbida, un momento destacado dos nosos primeiros tempos foi a actuación do bluesman CLARENCE  “GATEMOUTH”  BROWN, que fixo un concerto de primeiro nivel o 6 de agosto de 1995, a pesar de contar aínda cun escenario relativamente rudimentario. (A prensa diría “Isto xa son palabras maiores”…). Esta terceira edición completouse coa CANAL STREET JAZZ BAND (cuxa actuación fora a que se suspendera o ano anterior), o grupo de jazz do contrabaixista pontevedrés Miguel Guerra (GUERRA TRACTION), a FRANCK ASH BLUES BAND e a cantante venezolana BIELLA DA COSTA.

CLARENCE «GATEMOUTH» BROWN
CANAL STREET JAZZ BAND
GUERRA TRACTION
FRANCK ASH BLUES BAND BIELLA DA COSTA