Edición 1993

O martes 3 de agosto de 1993, ás 22.30 horas, e na Praza do Teucro, tivo lugar o primeiro concerto do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra a cargo do harmonicista ÑACO GOÑI acompañado pola MALCOLM BLUES BAND. A primeira edición do festival, especialmente centrada no blues e no country, completouse con GUNS AND BUTTER; a TONKY BLUES BAND, unha das bandas de blues de máis tradición en España liderada por Tonky de la Peña, e terminou co jazz do cuarteto do saxofonista norteamericano MALIK YAQUB.

ÑACO GOÑI & MALCOLM BLUES BAND
GUNS AND BUTTER
TONKY BLUES BAND
MALIK YAQUB CUARTETO