CORY HENRY & THE FUNK APOSTLES

22.30 h Entrada gratuíta
Cory Henry & the Funk Apostles
Cory Henry & the Funk Apostles
Cory Henry & the Funk Apostles
Cory Henry & the Funk Apostles
Cory Henry & the Funk Apostles

Teclista e produtor norteamericano, Cory Henry, nacido en Brooklyn, Nova York, empezou a tocar o órgano con apenas dous anos de idade.

O seu instrumento preferido é o Hammond B3, tan recoñeciblemente vinculado ao soul, ao góspel e ao jazz. Del, Cory Henry dixo que “é o seu primeiro amor” e que “se utiliza maioritariamente nas igrexas, pero eu quero demostrarlles que non é algo soamente para elas”.

A súa música, como se revela en cada unha das súas actuacións, ten influencias tan variadas como as de Marvin Gaye, Herbie Hancock ou James Brown, entre os clásicos do jazz e o soul, pero tamén do pop, o rock e o funk de Stevie Wonder, Michael Jackson ou Jimi Hendrix.

Henry é un virtuoso dos teclados, e foi chamado para colaborar con músicos tan destacados como Bruce Springsteen, Kenny Garrett, Robert Glasper ou Erykah Badu, entre outros.

En 2014 obtivo o Premio Grammy á mellor actuación de rythm&blues xunto a Lalah Hathaway, pero foi co coñecido grupo Snarky Puppy, con quen triunfou definitivamente, logrando en 2016 o Grammy ao mellor disco instrumental do ano polo seu álbum Sylva, e novamente, en 2017, na mesma categoría, polo seu disco Culcha Vilcha.

Declarou que lle gustaría que a súa música producise un efecto positivo na nosa sociedade e no mundo enteiro, e que o seu don permitiulle coñecer moitos lugares distintos e facer o que ama cada día.

As actuacións de Cory Henry como líder da súa propia banda, caracterízanse pola súa espectacularidade, fusionando jazz con música electrónica, e cunha xenerosa ración do mellor funky actualizado, co que fai vibrar á audiencia (cóntanse por millóns as visitas aos seus concertos en YouTube).

FORMACIÓN:
Cory Henry: teclados e voz
Taron Lockett: batería 
Sharay Reed: baixo
Adam Agati: guitarra
Nick Semrad: teclados
Tiffany Stevenson: voz
Denise Renee: voz
Cleon Edwards: batería, percusión