Notametraxes

TEATRO PRINCIPAL
20.00 h Entrada gratuíta

CINE MUSICADO EN VIVO

CINE MUSICADO EN VIVO

Exhibición da curtametraxe
Django Reinhardt
Francia | 1958 | B/n | 22’ | VOSE
Director: Paul Paviot
O realizador Paul Paviot achégase á figura do guitarrista de orixen sinti e renovador da escea jazzsística europea–coa súa alquímica fusión do swing e a música tradicional gitana–. Ideado por Jean Cocteau, escrito por Chris Marker e polo propio Paviot e narrado polo icono Yves Montand, esta obra de culto satisfará tanto a melómanos como a cinéfilos.

*Grazas á colaboración da Vicerreitoría do campus de Pontevedra e do IF CINEMA

Méliès vs SPJ
Exhibición da curtametraxe
Viaxe á lúa (Le Voyage dans la Lune)
Francia | 1902 | B/n | 15’
Director: Georges Méliès
Dirixida por Georges Méliès e basada nas novelas Da Terra á Lúa (Julio Verne) e Os primeiros homes na Lúa (H. G. Wells), Viaxe á lúa foi considerada a primeira película de ciencia ficción da historia do cinema. Está seminal obra destaca pola prodixiosa e desacomplexada imaxinería visual desenvolvida polo mago Méliès e a súa troupe.

Película musicada en directo polo SEMINARIO PERMANENTE DE JAZZ

Actuación do SPJ