Alfonso Calvo Septet

22.30 h Entrada gratuíta
Alfonso Calvo Septet

Sea ahead (FreeCode JazzRecords 2016) é o segundo traballo como líder do contrabaixista compostelán Alfonso Calvo, nesta ocasión en formato de septeto. As composicións exploran as enormes posibilidades arranxísticasdunensemblede formato medio coma este, con referencias evidentes ao hard bop e ao jazz modal, sen perder o enfoque persoal. O septeto ten participado no Festival de Jazz de Rianxo 2016, BurgoJazz 2016, Festival de Jazz de Lugo 2016, ImaxinaSons-Festival de Jazz de Vigo 2017, Temple Jazz Festival do Concello de Cambre, BetanJazz-Festival de Jazz de Betanzos 2017 e Festival de Jazz de Noia 2017.

Ademais do repertorio de Sea ahead presentan en directo algúns dos temas que estarán incluídos no seu vindeiro traballo discográfico que será gravado en 2018.

Integran o septeto algúns dos músicos máis relevantes do panorama jazzístico galego:

FORMACIÓN:
Pablo Castaño: saxos alto, soprano
Xosé Miguélez: saxos tenor, frauta
Xabier Pereiro GdJazz: trompeta, fliscorno
Luis Miranda: trombón
Iago Mouriño: piano
Alfonso Calvo: contrabaixo, composición&arranxos
Miguel Cabana: batería
Convidado especial – Afonso Traficante: vibráfono