Abe Rábade Trío

22.30 h Entrada gratuíta
Abe Rábade Trío

Ábade Rábade naceu en Compostela en 1977, e Abe Rábade Trío fundouse en Boston en 1996. No ano 2002 a banda aséntase en Galicia e desde 2008 a sección rítmica está formada por: André Rosinha e Bruno Pedroso.

Doravante é o novo álbum da formación, editado por Karonte. Estilisticamente practican un rico eclecticismo onde se pode atopar a pegada da música tradicional de Galicia, o jazz máis ortodoxo, o R&B, a experimentación máis arriscada, a influencia da música clásica...

A discografía do grupo acumula títulos como Babel de Sons, Simetrías, Playing on Light, Zigurat, A Modo, Versons, Tránsitos (Trío & Orquestra Sinfónica) e Once. A banda tocou en países como Marrocos, Alemaña, Brasil, Costa Rica, Chile, México, Guatemala ou O Salvador.

FORMACIÓN:
Abe Rábade: piano
André Rosinha: contrabaixo
Bruno Pedroso: batería